El BNG exige refuerzos urgentes en los bomberos delante de la inseguridad en Vigo por la falta de efectivos

HERMES TV 2023-06-27

Views 19

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao Goberno municipal que reforce de maneira urxente o servizo de bombeiros, diante da situación de inseguridade que se vive en Vigo pola falla de efectivos. A fronte nacionalista advirte de que este luns a cidade só contou con 5 bombeiros e denuncia que son numerosas as xornadas nas que se incumpre o mínimo de 21 efectivos establecido polo propio Goberno local para garantir o operativo.

“Esta situación evidencia máis unha vez a nefasta xestión do Goberno de Abel Caballero nun asunto tan importante e relevante como a seguridade da cidade”, cuestionou o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que asegurou que unha cidade de 110 quilómetros cadrados de superficie e cunha poboación real de máis de 300 mil habitantes non pode contar con apenas 5 bombeiros durante 24 horas en pleno contexto de altas temperaturas.



Igrexas lembrou que o colectivo de bombeiros leva moitos anos a denunciar esta inseguridade pola falla de efectivos. Unha cuestión que motivou nos últimos anos numerosas iniciativas do Bloque para reclamar responsabilidades por esta xestión, incluída a información sobre o número de efectivos dispoñíbeis cada xornada. “O Goberno municipal negouse sistematicamente a facilitar estes datos, o que entendemos como unha resposta implícita a respecto do deliberado e continuado incumprimento dese mínimo de 21 efectivos”, afirmou.



Nese sentido, o portavoz do BNG subliñou que a falla de bombeiros deixa á cidade só cun único parque en funcionamento en Teis “comprometendo a seguridade” na outra punta da cidade pola menor capacidade de resposta. “O BNG esiximos que o alcalde dea a cara, que saia dese escondite no que leva varias semanas instalado e que adopte decisións xa para garantir que Vigo conte cos medios necesarios no servizo”, demandou.



Dende a fronte nacionalista trasladaron así o total apoio ao persoal de bombeiros, que sofren ademais un maior risco no seu posto de traballo por causa desta precariedade. “Non é o mesmo encarar unha situación de emerxencia cos medios precisos que facelo, como nas últimas 24 horas, unicamente con 5 efectivos”, remachou.

Share This Video


Download

  
Report form